Fenadismer solicita ao Ministro máis control da deslocalización

2 de Novembro de 2017

O Ministro de Fomento reuniuse coas federacións membro do Comité Nacional de Transporte por Carretera para analizar a situación do sector, reunión que se aproveitou por Fenadismer para poñer enriba da mesa temas como a competencia desleal das empresas deslocalizadas, o novo paquete lexislativo europeo ou o desvío de camións ás autoestradas.

O martes 31 de Outubro na sede do Ministerio de Fomento celebrouse a primeira reunión de contacto do Ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, acompañado dos Secretarios Xerais de Transporte e de Infraestruturas e do Director Xeral de Transporte Terrestre, cos representantes das organizacións de transportistas que compoñen o Comité Nacional de Transporte por Carretera, para analizar a actual situación do sector do transporte por estrada.

Fenadismer plantexou ao Ministro de Fomento a súa preocupación pola situación de deterioro na que se encontra o mercado do transporte por estrada pola presenza crecente de empresas transportistas procedentes de países do Leste de Europa, que traballan de xeito permanente no Oeste de Europa, moitas delas pertencentes a frotistas españois, que se deslocalizaron en ditos países polos seus menores custos laborais e fiscais, o que supón unha situación abusiva de competencia desleal en prexuízo das empresas transportistas españolas.

Así, segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Fomento, as frotas de transporte domiciliadas nos países do Leste transportan máis dun 25% do total das mercadorías exportadas ou importadas en España, resultando chamativo que a orixe ou destino de ditas mercadorías non son precisamente ditos países, o que evidencia que se trata de empresas deslocalizadas en ditos países nos cales non desenvolven actividade real algunha.

Pero non é sólo no transporte internacional onde cada vez teñen máis presenza ditas frotas estranxeiras, senón que o seu crecemento é especialmente significativo no transporte interior (cabotaxe) en España, sendo especialmente significativa a presenza no transporte español das frotas de transporte domiciliadas en Romanía, ocupando a 2ª posición no ranking, tendo multiplicado por máis de 20 a súa actividade en España nos últimos 5 anos, seguidas polas empresas de transporte búlgaras, que ocupan a 3ª posición en presenza no mercado español.

Por conseguinte, Fenadismer plantexou ao Ministro de Fomento a necesidade de que o control das empresas deslocalizadas que pretendan operar en España se realice desde o primeiro día en que pretendan acceder no país. Por tanto Fenadimsr rexeita a posición defendida por outras organizacións do sector como Cetm ou Astic de establecer a nivel europeo un período de días no que as empresas estranxeiras poderían operar “fóra de control”, xa que iso suporía perpetuar no mercado español do transporte por estrada a situación de dumping social e competencia desleal que exercen as empresas deslocalizadas.

Non obstante, Fenadismer é consciente da necesidade de simplificar os requisitos administrativos esixidos para poder operar nos diferentes países da Unión Europea, polo que considera imprescindible unificar a nivel europeo o modelo de declaración de desprazamento dos condutores que vaian realizar transporte noutro país, fronte á dispersión actual existente en cada país membro, e cuxa comunicación previa deba realizarse nun punto único de rexistro dependente da Unión Europea e redactable en calquera de los idiomas oficiais da UE.

Por outra banda, no que atinxe ao acceso á actividade do transporte por estrada, Fenadismer esixiu ao Ministerio de Fomento que defenda ante a Unión Europea o mantemento do requisito de frota mínima para acceder ao sector, polas indubidables vantaxes que ten suposto desde a súa implantación en 1999 ata a actualidade para a competitividade do transporte. Así mesmo, Fenadismer defendeu a necesidade de profesionalizar o sector do transporte lixeiro, dados os altos niveles de intrusismo empresarial e inseguridade viaria que na actualidade representa.

En relación o proxecto de modificación do Regulamento de Ordenación dos Transportes Terrestres (ROTT), actualmente en trámite, Fenadismer propuxo ao Ministro e demais representantes do Ministerio introducir melloras para permitir que as empresas transportistas poidan desenvolver a súa actividade sen limitacións e de modo flexible, sexa cal sexa a súa dimensión empresarial, manifestando unha especial preocupación polas consecuencias desproporcionadas da nova regulación relativa á perdida do requisito de honorabilidade.

Por último, polo que respecta ás iniciativas promovidas nos últimos meses por diferentes Comunidades Autónomas para prohibir a circulación de camións nas estradas convencionales e o seu desvío obrigatorio a autoestradas de peaxe, Fenadismer esixiu que tales desvíos teñan carácter voluntario, e que se poña en marcha á maior brevidade o Plan de incentivos para o desvío voluntario recollido na Lei de Orzamentos para 2017, polas vantaxes tanto para a desconxestión das vías convencionais como para a seguridade viaria, como quedou acreditado con ocasión do Plan de incentivos aprobado en 2015.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.