Nova restrición en La Rioja con AP-68 peaxe obrigatoria

4 de Decembro de 2017

Este pasado sábado 2 de Decembro entrou en vigor a prohibición absoluta de que os camións pesados (4 ou máis eixos) poidan circular pola estrada N-232 en máis de 110 quilómetros; en concreto desde o punto quilométrico 446 (Gimileo) ata o quilómetro 330 (Alfaro), así como na estrada N-124 desde o quilómetro 45 (límite con Álava) ata o quilómetro 39 (Gimileo), obrigándolles en consecuencia a circular pola autoestrada AP-68 de peaxe que transcorre paralela a estas vías.

Dita prohibición é consecuencia do acordo subscrito entre o Goberno de La Rioja e o Ministerio de Fomento para reducir a sinistralidade que soporta a citada N-232, establecendo bonificacións aos transportistas que transiten pola AP-68 en dito tramo de ata o 75% se utilizan ol VIA-T e do 70% se utilizan outro medio de pagamento. O acordo entre ambos gobernos supón que o Goberno autonómico sufragará o 60% do custo de ditas bonificacións e o Ministerio de Fomento o 40% restante.

FENADISMER xa manifestou ao Ministerio de Fomento o seu rexeitamento a dita política de introdución de novas restricións á circulación dos camións. Neste sentido, desde o sector deféndese o desvío voluntario dos camións ás autoestradas de peaxe introducindo importantes bonificacións nas peaxes, pero nunca a cambio de novas restricións, xa que con ditas bonificacións xa se consegue que a maior parte do transporte pesado circule polas autoestradas de peaxe.

A este respecto, APETAMCOR tamén ten mostrado a súa desconformidade á posible implantación dunha medida semellante en Galicia prohibindo a circulación de camións pola estrada N-550, a cambio de bonificacións na peaxe da autoestrada AP-9.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.