Paro no transporte en Gipúzkoa do 2 ao 5 de xaneiro

20 de Decembro de 2017

Este mércores 20 de Decembro as principais federacións de transportistas que compoñen o Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC) acordaron convocar formalmente, desde as 0:00 horas do martes 2 de Xaneiro ata as 24:00 horas do venres 5 de Xaneiro, un Paro do Transporte por Estrada que afectará tanto ao transporte nacional como internacional na provincia de Gipúzkoa, e comprenderá tanto a suspensión do tránsito de camións de ámbito nacional e internacional, como as operacións de carga e descarga dentro desa provincia.

Esta mobilización convócase en protesta pola próxima posta en marcha no mes de Xaneiro por parte desa Deputación Foral dunha nova peaxe para camións na estrada N-1 ao seu paso por dita provincia, cuxo importe será de media 0,34 euros/km., e que afectará principalmente aos máis de 6.000 transportistas de larga distancia que diariamente utilizan dita vía como tránsito obrigado cara o resto de Europa.

Co establecemento de dito peaxe, a Deputación de Gipúzkoa espera recadar en 2018 a través da empresa pública gipuzkoana Bidegui, que será a encargada de xestionar esta nova peaxe na N-1, máis as actuais autoestradas concesionais AP-1 e AP-8, un 21,70% máis, en concreto 27,7 millóns adicionais ao recadado en 2017. Cómpre destacar que ese importe da nova peaxe establecido sobre a N-1 de media 0,34 euros/km (chegando no treito sur a 0,44 euros/km), resulta absolutamente desproporcionado xa que chega a duplicar o custo medio de peaxe para camións establecido nas autoestradas de peaxe en España, situado nos 0,18 euros/km, co agravante de que a N-1 é unha vía convencional carente dos elementos técnicos e de trazado propios dunha autoestrada de peaxe.

O CNTC advirte no seu comunicado público que tratou por todas as vías de negociación ao seu alcance, chegar a unha solución pactada coas autoridades de Gipúzkoa, continuando coa man tendida para atinxir ese fin. Sen embargo, ante a falta de sensibilidade por parte de ditas autoridades aos argumentos expostos en favor do libre tránsito de camións e mercadorías polas vías de Gipúzkoa, vese na obriga de facer un chamamento a todo o sector, para que suspenda o servizo de transporte de mercadorías nese territorio na primeira semana de xaneiro.

O comunicado do CNTC conclúe manifestando que esta actuación de protesta será a primeira de varias medidas coas que o sector manifestará a súa discrepancia á imposición arbitraria de impostos ao transporte.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.