O Tribunal da UE prohíbe o descanso semanal en cabina

26 de Decembro de 2017

A prohibición de realizar o descanso en cabina só afecta aos descansos semanais normais de alomenos 45 horas, non aos reducidos. Varios Estados da UE teñen aprobada dita prohibición na súa lexislación interna en desenvolvemento do Rglto. CE 561/2006 sobre tempos de condución e descanso.

Como se recordará, tanto Francia como posteriormente Bélxica, estableceron a finais do ano 2014, en desenvolvemento do Regulamento europeo CE 561/2006 sobre tempos de condución e descanso, unha nova regulación consistente na prohibición de que os condutores profesionais que circulen por ditos Estados poidan realizar o descanso semanal ordinario a bordo dos camións, prevendo así mesmo fortes sancións de ata 30.000 euros en caso de incumprimento.

Dita medida prohibitiva tamén foi recentemente aprobada noutros Estados membros, como é o caso de Alemaña e Reino Unido, entre outros.

Dita prohibición, que se aplica exclusivamente aos descansos semanais normais, isto é, a todos os descansos semanais superiores a 45 horas que os condutores deben tomar obrigatoriamente cada dúas semanas de condución, foi obxecto de análise polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea, con ocasión da sanción imposta polas autoridades belgas a unha empresa transportista cuxo chofer estaba realizando o descanso semanal na cabina. En dito procedemento xudicial persoáronse varios países europeos en defensa ou rexeitamento de dita regulación. Así por unha parte Austria, Bélxica, Francia e Alemaña posicionáronse en apoio de dita prohibición, fronte a España e Estonia que se opuñan a tal medida.

Tal como se prevía, o Alto Tribunal Europeo seguiu o ditame elaborado pola Avogacía Xeral do Tribunal, confirmando a legalidade de dita regulación e a súa compatibilidade coa normativa europea, ao entender que no que se refire ao descanso semanal o Regulamento comunitario 561/2006 “debe interpretarse no sentido de que un condutor non pode tomar no seu vehículo os períodos de descanso semanais normais”, validando en consecuencia a prohibición establecida en ditos Estados membros e a imposición de sancións polo seu incumprimento. Para o máximo organismo xudicial europeo “o Regulamento da Unión que harmoniza as disposicións en materia social no sector dos transportes por estrada contén manifestamente a prohibición de que os condutores tomen os períodos de descanso semanais normais no vehículo“.

Así as cousas, segundo consta literalmente na sentenza e malia os esforzos dos fabricantes de vehículos por ofrecer habitáculos confortables e equipados con todas as comodidades, “unha cabina de camión non parece constituír un lugar de descanso adaptado a períodos de descanso máis largos que os períodos de descanso diarios e os períodos de descanso semanais reducidos”. É máis, para o Tribunal, no caso de que puideran realizarse os períodos de descanso semanais normais en cabina, tamén se poderían “efectuar a totalidade dos seus períodos de descanso na cabina do vehículo, o que sería manifestamente contrario ao obxectivo de mellorar as condiciones de traballo dos condutores”.

En que situación queda España?

Esta sentenza do Alto Tribunal europeo despexa todas as dúbidas existentes ao respecto no sentido de que taxativamente prohibe a realización do descanso semanal de alomenos 45 horas en cabina, sen embargo non existe no réxime sancionador español en materia de transportes tipificada a correspondente sanción por incumprimento, polo cal haberá que esperar a coñecer a opinión do Ministerio de Fomento ao respecto e por conseguinte que medidas tería previsto adoptar.

 

 

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.