O Goberno prorroga o límite de módulos de 125.000€ en 2018

30 de Decembro de 2017

Finalmente o Goberno decidiu no último Consello de Ministros do ano celebrado onte día 29 de Decembro prorrogar un ano máis o límite anual de facturación para poder continuar acollido ao réxime de estimación obxectiva (módulos) do IRPF e IVE en 2018. Dita prórroga recolleuse no Decreto-Lei 20/2017 de 29 de Decembro, que se publica hoxe sábado 30 de Decembro no Boletín Oficial do Estado, polo cal aqueles transportistas autónomos que en 2017 non tiveran superado o límite de facturación de 125.000 euros poderán continuar acollidos ao réxime de módulos en 2018.

Como se recordará, a nova regulación aprobada en 2016 reduciu de xeito importante para o sector do transporte por estrada o límite máximo de facturación anual para poder continuar acollido ao réxime de módulos no ano seguinte, quedando establecido un límite de facturación anual de 125.000 euros, sempre que a súa facturación se realice en máis dun 50% a empresas ou profesionais. Así mesmo, dita regulación aprobada en 2016 prevía un réxime transitorio de dous años, establecendo que a partir de 2018 aqueles transportistas autónomos que facturaran máis de 75.000 euros ao longo deste ano 2017 non poderían continuar acollidos a dito réxime o vindeiro ano. En troques, coa prorroga aprobada onte polo Goberno, permítese acoller ao réxime de módulos en 2018 aos transportistas que en 2017 teñan superado os 75.000 euros de facturación anual, ata o límite de 125.000 euros.

Importes dos módulos para 2018

Así mesmo, a Orde HFP 1159/2017 do Ministerio de Hacienda publicada no BOE o pasado 30 de Novembro que establece os importes dos módulos para 2018 mantén idénticos ditos importes respecto dos que se aplicaron neste ano 2017 no que atinxe tanto a persoal empregado como á capacidade dos vehículos, así como o límite máximo de vehículos de transporte para poder continuar acollido a dito réxime, que continúa establecido en 4 vehículos para transporte de mercadorías.

Así, dita Orde establece os seguintes importes para as diferentes magnitudes dos módulos para 2018 no que respecta ao sector do transporte de mercadorías por estrada:

  • No IRPF, todas as actividades manteñen os mesmos módulos establecidos en 2016, prevéndose unha redución xeral no rendemento neto dun 5% aplicable tanto no ano 2016 como en 2017. En consecuencia os módulos de IRPF das actividades de transporte de mercadorías (722 e 849.5) quedarían en 10.090,99 € de persoal non asalariado, 2.728,59 € de persoal asalariado e 126,21 € de carga do vehículo.
  • No IVE, mantéñense tamén os mesmos módulos que en 2016. En consecuencia, os módulos do IVE das actividades de transporte de mercadorías (722 e 849.5) quedarían en 4.149,99 € de persoal empregado e 388,55 € de carga do vehículo para mercadorías en xeral, e logo, para o caso específico do transporte de mercadorías de residuos, 1.948,64 € de persoal empregado e 181,58 € de carga do vehículo.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.