Primeira xornada do paro do transporte en Gipúzkoa

2 de Xaneiro de 2018

As estradas de Gipúzkoa mostran un aspecto diferente hoxe martes día 2 de xaneiro e probablemente así continuarán ata o próximo venres a consecuencia do paro da actividade de transporte de mercadorías por estrada en protesta polas peaxes para vehículos pesados que a Deputación Foral comezará a cobrar nas estradas N-1 e A-15 a partir do 9 de xaneiro.

As sete organizacións do Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC) convocantes do paro veñen de imitir un comunicado no que manifestan que esta nova peaxe se trata dunha Euroviñeta encuberta, contraria ao compromiso do Ministerio de Fomento de non implementación desta en España, pois só se cobrará aos vehículos de transporte de mercadorías de máis de 3,5 toneladas.

As federacións representativas do sector integrantes do CNTC que non puideron chegar a un acordo coa Deputación de Gipúzkoa por ningunha das vías de negociación posibles, decidiron recorrer a este cesamento da actividade nesa provincia basca, que segundo os datos do propio CNTC está sendo secundado por un 60% das empresas de transporte de ámbito nacional e internacional, sen que ata o momento se teñan producido incidentes de ningún tipo.

No referido comunicado, as organizacións convocantes do CNTC congratúlanse de que o sector do transporte decidise deter a súa actividade de xeito maioritario e absolutamente voluntario, conscienciado sen dúbida, coa inxustiza que supón a imposición arbitraria de máis impostos sobre un sector de actividade que é dos que soporta maiores cargas fiscais e sociais, cunha aportación anual ás arcas do Estado de máis de 12.000 millóns de euros vía impostos, e que ademais xoga un papel absolutamente imprescindible para a economía.

Finalmente, as federacións do CNTC que secundan este paro lamentan que esta mobilización non tivera un seguemento aínda maior a consecuencia de que a última hora, e de xeito absolutamente incomprensible, se teñan descolgado do mesmo as asociacións de transportistas gipúzkoanas.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.