As novas peaxes en Gipúzkoa na N-I e A15 actívanse o día 9

4 de Xaneiro de 2018

Malia a multitude de críticas, protestas e inclusive mobilizacións recibidas desde o sector do transporte de mercadorías, a Deputada de Infraestruturas da Deputación Foral de Gipúzkoa, Aintzane Oiarbide, vén de confirmar que a nova peaxe entrará en vigor ás 0:00 horas do martes 9 de xaneiro.

Precisarase facer o pagamento mediante algún dispositivo compatible co VIA-T, dándose de alta na páxina web de Bidegi (empresa pública gipuzkoana que xestiona dita peaxe), que se activará a partir do 3 de xaneiro, ou ben nalgún dos 5 postos que se habilitaron ao longo do itinerario para facilitar a información e o pagamento nos seguintes lugares:

  • Área de servizo de Oiartzun (AP-8), en ambos sentidos.
  • Servizo de atención ao cliente de Aritzea (Gi-20).
  • Área de servizo de Alegia, sentido Gasteiz.
  • Área de servizo de Etzegarate.

Ademais, durante o primeiro mes, na peaxe de Irún permitirase tamén efectuar o pagamento en metálico.

Na imaxe que se acompaña a esta nova móstrase plano de situación dos 3 pórticos de cobro de peaxe que comezarán a funcionar a partir do próximo día 9 de xaneiro, así como o importe que se cobrará ao paso por cada un deses pórticos aos vehículos de transporte de mercadorías de MMA entre 3,5 e 12 toneladas, e os que superan as 12 toneladas. Como se pode ollar, os camións que atravesen a provincia deberán pagar practicamente 10 euros de cada vez.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.