A convocatoria de axudas ao abandono de 2018 demorarase

26 de Xaneiro de 2018

Como xa é sabido, o Ministerio de Fomento ter por costume publicar cada ano á altura do mes de xaneiro a convocatoria de axudas dirixidas aos transportistas de máis de 63 anos ou en situación de incapacidade para que poidan acollerse ao cese anticipado da súa actividade.

Sen embargo, este ano 2018 como consecuencia da situación de prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado, o Ministerio de Fomento está na obriga de solicitar (cousa que xa fixo) ao Ministerio de Facenda que lle autorice a publicar as axudas deste ano, e loxicamente co mesmo orzamento que se destinou en 2017, que como se recordará foi un chisco inferior aos 10 millóns de euros.

Unha vez se obteña dita aprobación polo Ministerio de Facenda, o Ministerio de Fomento procederá á publicación da convocatoria de axudas, o que non se realizará antes de mediados de febreiro.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.