O operador Transportes Martínez Souto cesa na actividade

16 de Febreiro de 2018

Máis unha vez, salta a alarma no sector ante o posible cesamento da actividade, peche o inclusive inminente entrada en situación concursal do operador galego TRANSPORTES MARTINEZ SOUTO, cuxos provedores de transporte xa puideron acreditar no banco a masiva devolución de pagarés emitidos por esta empresa. De se confirmar esta noticia, sería moi elevado o número de transportistas acredores desta empresa, que se caracterizaba de feito pola emisión de pagarés con vencementos a máis de cen días.

Ante a situación que se aveciña, os servizos xurídicos de APETAMCOR están xa a organizar unha agrupación cos afectados acredores de Martínez Souto, co obxecto de canalizar máis eficazmente a reclamación das facturas non pagadas, ben sexa ao propio Martínez Souto, ou ben no exercicio da acción directa, ao clientes desta empresa, personarse, de ser o caso, nun eventual concurso de acreedores, ou mesmamente a interposición dunha reclamación xudicial. Así as cousas, desde APETAMCOR aconséllase aos afectados recopilar a documentación probatoria do crédito con esa empresa (facturas non abonadas, pagarés devoltos ou aínda non vencidos e albaráns, cartas de porte ou documentos de control dos portes non cobrados) e contactar o antes posible cos seus servizos xurídicos.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.