Publicada a convocatoria de axudas ao abandono 2018

9 de Marzo de 2018

Este venres día 9 de marzo de 2018 publicouse no B.O.E. o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, pola que se convocan as axudas dirixidas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade. Ante a prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado, as axudas ao abandono da actividade para este ano 2018 manteñen as mesmas condicións que o pasado ano, polo que o seu orzamento queda limitado a 9,3 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación no BOE, é dicir, a data límite para presentar as solicitudes será o 8 de abril de 2018.

As axudas continúan limitadas a transportistas autónomos que teñan cumprido 64 anos, idade mínima que non se esixe para transportistas con incapacidade declarada á data da solicitude. O importe das mesmas é o seguinte:

  1. Pola autorización ou autorizacións de transporte público: 30.000 €.
  2. Ademais, para solicitantes con idade inferior a 65 anos, adicionalmente 5.300 € por semestre completo ata cumprir os 65 anos.

Polo que respecta á tramitación dos expedientes dos interesados en acollerse a estas axudas, esta deberá facerse de xeito telemático en: https://sede.fomento.gob.es/SEDE_ELECTRONICA/LANG_CASTELLANO/OFICINAS_SECTORIALES/TTE_CTRA/AYUDAS/AYUDAS_ABANDONO/

Requisitos que deberán cumprir os transportistas para seren beneficiarios destas axudas

  • Ser transportista autónomo de mercadorías ou viaxeiros dado de alta neste réxime na Seguridade Social, de xeito ininterrompido, durante os últimos 10 anos. Permitirase, non obstante, unha única interrupción por período non superior a 3 meses.
  • Ter idade igual ou superior a 64 anos ou, con independencia da idade, declarada unha incapacidade permanente absoluta ou total para a profesión habitual, ou gran invalidez.
  • Ser titular de xeito ininterrompido durante os últimos 10 anos dun máximo de tres autorizacións (copias) de transporte público (debendo alomenos unha estar vixente no momento da solicitude). Permítese unha única interrupción por período non superior a tres meses. Así mesmo, en casos de incapacidade, a vixencia de autorizacións esixirase á data da declaración da incapacidade.
  • Non ter desaproveitado outras axudas ao abandono en anos anteriores.

 

Os/as interesados/as en acollerse a estas axudas ou simplemente para ampliar información sobre estas, poden contactar con APETAMCOR (Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada) en calquera das súas sedes.

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.