Convocadas as probas de capacitación de transporte de 2018

14 de Marzo de 2018

O DOG publicou as probas de competencia profesional como xestor de transporte para o presente ano 2018, estando aberto ata o 5 de abril o prazo para a tramitación das instancias de inscrición para a 1ª convocatoria de 2018, prevista para maio.

Onte martes 13 de marzo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución de 27 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, para a Comunidade Autónoma de Galicia e para o ano 2018.

Como en anos anteriores, realizaranse neste ano 2018 tamén dúas convocatorias e os prazos de presentación de solicitudes para a presentación ás probas de cada unhs destas son os seguintes:

  • 1ª convocatoria: ata o 5 de abril de 2018
  • 2ª convocatoria: do 30 de xullo de 2018 ao 21 de agosto de 2018, incluídos ambos os dous días.

Segundo se recolle no DOG, as probas terán lugar preferentemente en sábado, domingo ou festivo abranguido entre:

  • 1ª convocatoria: entre o 31 de marzo e o 3 de xuño de 2018
  • 2ª convocatoria: entre o 6 de outubro e o 2 de decembro de 2018

Os/as interesados/as poden ampliar información contactando co Dpto. de Formación de APETAMCOR.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.