Os condutores que circulan por Francia deberán renovar o A1

21 de Marzo de 2018

Como se recordará, desde 1 de Abril de 2017 os condutores profesionais (autónomos ou asalariados) que se desprazan por Francia deben levar no vehículo o certificado A1 da Seguridade Social, documento que acredita que o condutor está dado de alta na Seg. Social, e que será esixido polas autoridades francesas de control.

Este impreso A1 caduca ao ano e para a súa renovación hai que proceder de igual xeito que para a súa obtención. Por tanto, a quen lle caduque deberá dirixirse novamente á Tesourería Xeral da Seguridade Social máis próxima, e presentar por rexistro o modelo de solicitude denominado TA-300 cuberto, asinado e selado. Na seguinte ligazón pódese descargar directamente este modelo TA300: http://www.seg-social.es/Internet_1/Masinformacion/Internacional/Formulariosdetrabaj38626/ModelosdesolicitudT39544/index.htm

Por outra banda, xa que a emisión do impreso A1 nalgunhas Tesourerías da Seg. Soc. ás vences é lenta, recoméndase proceder á súa renovación con 15 días de antelación ao vencemento e levar no vehículo a solicitude debidamente rexistrada ata non dispoñer o impreso renovado.

 

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.