Próximas inspeccións en estrada da estiba da carga

6 de Abril de 2018

O Real Decreto 563/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as inspecciones técnicas en estrada de vehículos comerciais que circulen en territorio español, establece novas obrigas para os transportistas que deben terse en conta para evitar ser sancionados, ou que os seus vehículos sexan inmobilizados en estrada.

Dita regulación entrará en vigor o próximo 20 de maio de 2018 co obxecto de traspoñer ao marco xurídico español a Directiva 2014/47/UE que harmoniza a nivel europeo a normativa en materia de amarre das mercadorías, e aplicarase a todos os vehículos de transporte de mercadorías ou pasaxeiros cunha velocidade superior a 25 km/h que circulen polas estradas españolas, sexa cal sexa a súa nacionalidade, establecéndose como obxectivo inspeccionar anualmente de forma aleatoria alomenos un 5% de todos os vehículos en circulación por esixencia da Unión Europea.

As inspeccións que se poderán levar a cabo en estrada serán as seguintes:

  • INSPECCIÓN TÉCNICA INICIAL EN ESTRADA: Os Axentes de Tráfico comprobarán que a bordo do vehículo lévase o último certificado de inspección técnica periódica, e así mesmo realizarán unha inspección visual do estado técnico do vehículo así como da correcta suxeición da carga, como posteriormente se exporá.
  • INSPECCIÓN TÉCNICA MÁIS MINUCIOSA: Se os Axentes de Tráfico detectan deficiencias durante a inspección técnica inicial, o vehículo será sometido a unha inspección técnica máis minuciosa, na que se revisará especialmente a seguridade de freos, pneumáticos, rodas, chasis e emisións contaminantes, así como calquera outro equipamento ou compoñente do vehículo. Ditas inspeccións realizaranse utilizando unha unidade móbil ou ben nunha das estacións ITV fixas máis próximas.
  • INSPECCIÓN DA SUXEICIÓN DA CARGA: Como novidade durante unha inspección en estrada, poderase someter o vehículo a inspección da carga, a fin de comprobar que esta está suxeita de xeito que non interfira coa condución segura, nin supoña un risco para a vida, a saúde, a propiedade ou o medio ambiente. Realizaranse inspeccións para comprobar que en todas as situacións de funcionamento do vehículo, incluídas as situacións de emerxencia e as manobras de arranque costa arriba: o cambio de posición das cargas entre si, contra as paredes ou as superficies do vehículo sexa mínimo; e as cargas non poden saír do espazo de carga nin desprazarse fóra da superficie de carga.

 

Principios aplicables á suxeición da carga

1. A suxeición da carga soportará as seguintes forzas xeradas pola aceleración/deceleración do vehículo:

  • No sentido da marcha: o peso da carga multiplicado por 0,8.
  • En sentido lateral: o peso da carga multiplicado por 0,5.
  • En sentido contrario ao da marcha: o peso da carga multiplicado por 0,5.
  • En xeral debe impedir a inclinación lonxitudinal ou transversal da carga.

2. Para o reparto da carga teranse en conta as cargas máximas de eixo autorizadas así como as cargas mínimas de eixo necesarias dentro dos límites da masa máxima autorizada do vehículo, en consonancia coa lexislación sobre pesos e dimensións dos vehículos.

3. Á hora de suxeitar a carga, teranse en conta os requisitos de resistencia dalgúns compoñentes dos vehículos como os puntos de amarre frontais, laterais, traseiros, teleiros cando se empreguen para tal fin.

4. Poderá utilizarse un ou varios dos seguintes métodos de retención para suxeitar a carga:

  • Enganche
  • Inmobilización (local/xeral)
  • Amarre directo
  • Amarre superior

5. As normas de aplicación son:

NORMA ASUNTO
EN 12195-1 

EN 12640

EN 12642

EN 12195-2

EN 12195-3

EN 12195-4

ISO 1161, ISO 1496

EN 283

EN 12641

EUMOS 40511

EUMOS 40509

Cálculo de forzas de amarre. 

Puntos de amarre.

Resistencia da estrutura da carrocería dos vehículos.

Cinchas de amarre de fibras sintéticas.

Cadeas de amarre.

Cables de aceiro de amarre.

Contedor ISO.

Caixas móbiles.

Lonas.

Postes – Teleiros.

Empaquetado para transporte.

 

Deficiencias detectadas durante a inspección

Se do resultado da inspección da suxeición da carga se detectaran deficiencias, estas clasificaranse do seguinte xeito:

  • LEVE: Cando a carga está suxeita correctamente pero ten cabida formular recomendacións en materia de seguridade.
  • GRAVE: Cando a carga non foi suxeita suficientemente e existe a posibilidade do seu desprazamento ou envorco. Poderá dar lugar á inmobilización do vehículo.
  • PERIGOSA: Cando pon en perigo a seguridade do tráfico debido ao risco de perda da carga. Dará sempre lugar á inmobilización do vehículo.

Para levar a cabo a inspección da suxeición da carga en estrada, a Garda Civil de Tráfico encóntrase en proceso de formación dos seus Axentes especificamente para ese fin. A tal efecto, os Axentes utilizarán en estrada diferentes elementos de medición e comprobación:

  • Báscula fixa ou móbil
  • Tensiómetros
  • Medidores de ángulos
  • Calculadora de estiba (aplicación app para teléfono móbil denominada “safe load”).

Así mesmo, solicitarán que o transportista leve a bordo o certificado dos puntos de amarre do vehículo, agás no caso de tratarse de semirremolques antigos que non posúan tal certificado.

 

Réxime sancionador

En canto ao réxime sancionador, sen prexuízo da medida de inmobilización anteriormente indicada, este Real Decreto non establece novas infraccións, senón que se manteñen vixentes as actuais tipificacións previstas na Lei de Seguridade Viaria (ademais das previstas na Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres en caso de exceso de peso):

  • Infracción grave, con multa de 200 euros: Conducir cun vehículo coa carga mal acondicionada ou con perigo de caída.
  • Infracción moi grave, con multa de 500 euros: Circular cun vehículo cuxa carga caiu á vía, polo seu mal acondicionamento, creando grave perigo para o resto de usuarios.

 

Que di a DGT dos novos controis da estiba?

Ante a incerteza que a nova regulación está a ocasionar no sector do transporte polas posibles consecuencias derivadas dunha incorrecta suxeición da carga, este luns 2 de Abril mantívose unha reunión co Director Xeral de Tráfico na que FENADISMER solicitou á DGT que esclareza como se vai levar a cabo polos Axentes de Tráfico o procedemento de inspección da suxeición da carga así como o réxime de responsabilidades en caso dunha posible infracción, tendo en conta que a lexislación en materia de contratación de transporte atribúe a responsabilidade dos labores de carga da mercadoría á empresa cargadora, salvo no transporte de paquetería ou carga fraccionada. Así mesmo a lexislación de seguridade viaria atribúe a responsabilidade das infraccións de tráfico ao autor do feito infractor.

En resposta, o Director Xeral de Tráfico manifestou que a DGT ten previsto elaborar en breve unha Resolución de desenvolvemento do Decreto para esclarecer a responsabilidade da estiba, a cal definirá un novo documento, denominado “Ficha de estiba”, adaptada a cada especialidade de transporte, na que o responsable da carga acreditará a correcta suxeición da mercadoría a bordo do vehículo. Ademais, ata que dita Resolución non sexa aprobada, previa consulta coas organizacións representativas do sector do transporte, a DGT dará instrucións á unidade de vixilancia de tráfico da Garda Civil establecendo un período transitorio non sancionable de adaptación á nova regulación.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.