Publícase no BOE o concurso de Transportes Mtnez Souto

17 de Abril de 2018

No B.O.E. de onte 16 de abril publicouse a declaración do Xulgado do Mercantil nº 2 de Pontevedra do concurso de acredores da empresa TRANSPORTES MARTÍNEZ SOUTO, S.L., con CIF B36028835 e domiciliada en Alto de Puxeiros, Mos, e designándose como Administrador Concursal da empresa ao despacho profesional CONVENIA PROFESIONAL, S.L.P., con CIF B86353729 e domicilio na Coruña. Así mesmo, faise un chamamento aos provedores para comunicar os seus respectivos créditos a este Administrador Concursal, fixándose ao efecto un mes de prazo, isto é, ata 15 de maio.

Se ben todo apunta cara unha previsible liquidación desta empresa e que, malia presentárense no concurso os acredores de transporte, estes non vai poder cobrar nada na liquidación pola máis que previsible inexistencia de bens, tendo en conta ademais que os acredores de transporte non son preferentes para o concurso, desde o equipo xurídico da Plataforma Galega de Transportistas Afectados polo Peche de Transportes Martinez Souto promovida por APETAMCOR recoméndaselle a presentación no concurso a todos aqueles que sumen créditos relevantes sen cobrar por dúas razóns:

  1. Podernos persoar no concurso e así poder detectar posibles irregularidades cometidas pola empresa e, chegado o caso, pedir posibles responsabilidades aos administradores.
  2. Podernos requerir da Administración Concursal toda a documentación necesaria para onde sexa posible exercitar a acción directa contra os clientes da empresa.

Así mesmo, o equipo xurídico da Plataforma de Afectados roga que aqueles que aínda non achegaron a APETAMCOR a documentación necesaria para acreditar os créditos pendentes con Transportes Martinez Souto, que procedan a facelo antes do 4 de maio, para co suficiente prazo poder revisar dita documentación.

 

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.