Publícase a convocatoria de conselleiros de seguridade 2018

11 de Maio de 2018

O DOG do pasado 7 de maio publicou a Resolución 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se procede á convocatoria das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

O prazo de presentación das solicitudes que dan dereito a tomar parte nestas probas será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta resolución no DOG, é dicir, rematará o luns 7 de xuño.

A data das probas será determinada nunha vindeira resolución pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos. En todo caso, a previsión é que caian en novembro do presente ano. Ditas probas constan de 50 preguntas tipo test e de caso práctico e é necesario aprobar ambas partes.

 

EN QUE CASOS AS EMPRESAS DEBERÁN CONTAR CON CONSELLEIRO DE SEGURIDADE?

O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar obrigatoriamente coa figura do Conselleiro de Seguridade:

a) Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independentemente do número de viaxes que se realice ao ano).

b) Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1.000 litros, excepto que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operacións de descarga de forma expresa.

c) Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.).

d) Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que conteñen amianto, terras contaminadas, etc.).

 

CURSO PREPARATORIO EN APETAMCOR

Co obxectivo de afrontar estas probas coa mellor preparación posible, APETAMCOR organiza nas súas sedes de Ourense, O Porriño, Santiago e Lugo cursos preparatorios. Para poder superar estas probas esíxese un dominio da normativa ADR, así como da propia normativa de ámbito estatal que desenvolve certas partes deste ADR.

O prazo de inscrición para estes cursos está aberto e os interesados deberán dirixirse ao Dpto. de Formación da asociación.

 

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.