As probas de competencia de xestor serán o 2 de xuño

14 de Maio de 2018

O DOG do 8 de maio de 2018 publicou a Resolución de 26 de abril na que se comunica a data definitiva, horario e lugar das probas oficiais conducentes á obtención da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.

Terán lugar o sábado 2 de xuño de 2018 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro (Santiago de Compostela).

Polo que atinxe ao horario, os aspirantes para a parte de Viaxeiros están todos citados para as 9:00h. En Mercadorías, os aspirantes cuxa primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A- J (ambas as dúas incluídas) deberán presentarse ás 9:00h., a excepción daqueles que tamén se presenten a Viaxeiros, que quedan convocados para as 16:15h. E os aspirantes cuxa primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras L-Z (ambas as dúas incluídas), están citados ás 16:15h.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.