Chegan as primeiras multas por incorrecta estiba da carga

11 de Xuño de 2018

O pasado 20 de maio de 2018 entrou en vigor o Real Decreto 563/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as inspeccións técnicas en estrada de vehículos comerciais que circulen en territorio español, incluíndose como novidade que durante unha inspección en estrada se poderá someter ao vehículo á inspección da carga, a fin de comprobar que esta está suxeita de xeito que non interfira coa condución segura, nin supoña un risco para a vida, a saúde, a propiedade ou o medio ambiente.

Malia que a principios do mes de Abril pasado o Director Xeral de Tráfico se comprometeu verbalmente coas federacións de transportistas en non sancionar pola mala estiba durante as primeiras semanas en tanto en canto non publiquen desde a propia DGT unha resolución de desenvolvemento desta nova norma que esclareza varias cuestións importantes que aínda non están claras (responsabilidades, resistencia das estruturas, puntos de amarre, etc.), o certo é que, consecuencia das inspeccións da carga en estrada que xa se están a facer, Tráfico xa está comezando a impoñer sancións en estrada.

A contía das sancións ascende a 200 euros, se ben quedan en só 100 euros en caso de pagamento en prazo con desconto.

Desde APETAMCOR recoméndase que, en caso de sanción en estrada, non abonar a multa no acto ata analizar a posible infracción, para o cal ser recomenda ao condutor do vehículo recoller varias fotos ilustrativas do estado da carga.

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.