Publicados os beneficiarios das axudas ao abandono

27 de Xullo de 2018

Fomento publica a listaxe definitiva de beneficiarios das axudas de 2018 ao cesamento anticipado da actividade de transportista, cuxa partida orzamentaria, establecida en só 9,1 millóns de euros, reduce o número de beneficiarios a 306 transportistas.

A Secretaría de Estado de Infraestruturas, Transportes e Vivenda do Ministerio de Fomento publicou onte xoves 26 de xullo a Resolución de 20 de xullo de 2018 pola que se outorgan as axudas a transportistas autónomos de avanzada idade ou en situación de invalidez para o abandono da actividade do transporte por estrada.

Esta convocatoria contou cunha nova diminución do orzamento que se vén producindo nos últimos anos, pasando a ser de só 9,1 millóns, o que ten suposto tamén unha diminución no número de beneficiarios, quedando neste ano 2018 en tan so 306 transportistas, cáseque un 30 % menos que hai 3 anos.

En relación ás subvencións concedidas este ano, que teñen suposto un importe de 30.000 € por beneficiario, os transportistas beneficiados foron só aqueles cunha idade moi próxima aos 65 anos, así como aqueles que teñen declarada unha incapacidade. A lista completa de beneficiarios, así como de transportistas excluídos e os motivos de non concesión pode ser consultada na páxina web do Ministerio de Fomento en www.fomento.es

Co obxecto de poder proceder ao cobro da subvención, o beneficiario deberá achegar ao Ministerio de Fomento toda a documentación xustificativa da súa situación antes do próximo 15 de setembro.

 

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.