O ROTT e a nova norma de acceso ao sector retrásanse

22 de Setembro de 2018

Diferentes motivos de índole político e institucional teñen retrasado a tramitación de dita reforma e non entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2018.

Maila que a reforma da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres aprobada en Xullo de 2013 emprazaba ao Goberno a tramitar a modificación do Regulamento que desenvolve dita Lei nun prazo máximo de 2 anos, sen embargo diferentes acontecementos de índole político e institucional teñen ido retrasando a aprobación de dita modificación.

Así, a situación de interinidade política cun Goberno provisional durante os anos 2015 e 2016 impediu a tramitación de dito proxecto normativo. Pola súa parte, en 2017 o anterior Goberno deu comezo o trámite do novo proxecto de modificación do ROTT e da nova regulación de acceso ao sector que, sen embargo viuse truncado como consecuencia da sentenza ditada o pasado mes de Febreiro polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que obrigaba a España a establecer unha nova regulación de acceso ao sector do transporte por estrada, tanto en transporte de mercadorías como de viaxeiros, eliminando o requisito de frota mínima de 3 vehículos esixida para poder acceder por primeira vez.

Malia que o obxectivo inicial era que a reforma do ROTT e da nova regulación de acceso ao sector se aprobara o primeiro semestre de 2018 para que entrara en vigor o próximo 1 de Xaneiro, o cambio de Goberno sufrido o pasado mes de Xuño volveu retrasar a súa tramitación.

Na actualidade, desde as organizacións do sector estamos pendentes de que o Ministerio de Fomento leve a cabo de novo a tramitación de ambos proxectos normativos nos próximos meses, polo que previsiblemente a súa entrada en vigor non se producirá antes do segundo semestre de 2019 no mellor dos supostos, sempre que nestes meses non se produzan novas variacións de goberno.

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.