A gratuitade da peaxe Vigo-Redondela aínda terá que agardar

14 de Novembro de 2018

Onte martes 13 de novembro tivo lugar unha nova reunión da Comisión de Seguimento da AP-9 entre os responsable na materia do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia. En concreto, as delegacións de cada administración foron encabezadas polo Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Pedro Saura, e a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Segundo a información difundida polo gabinete de prensa do Ministerio, o Secretario de Estado manifestou a vontade do Goberno de continuar coa tramitación do convenio para a liberación da peaxe na AP-9 entre Redondela e Vigo, e lembrou que previamente, tal como anunciou o Ministro Ábalos, na contorna de Vigo é necesario acometer un estudo global na autoestrada, que teña en conta tanto os efectos no nivel de servizo da autoestrada da introdución de novas conexións solicitadas na contorna da cidade de Vigo como a liberación da peaxe de Redondela. Como resulta evidente, despois do anuncio feito con toda solemnidade xa en xaneiro do presente ano polo anterior Goberno central, que estimaba daquela podería ser efectivo en xullo deste ano, está claro que o proceso de liberalización da peaxe do treito Vigo-Redondela non vai ser tan rápido.

Ademais, o Secretario de Estado mostrou á Coselleira a súa total disponibilidade para estudar as propostas que formule a Xunta en canto á posibilidade de suavizar e bonificar as peaxes. Faltaría menos. En calquera caso, tamén sería bo saber cales son as propostas da Xunta, que aínda non se coñecen, nin a Conselleira tampouco tivo tempo para presentalas e falalas co sector do transporte.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.