Ultimátum do sector ao Goberno

23 de Novembro de 2018

As organizacións de transportistas do Comité Nacional de Transporte por Carretera consensúan unha táboa de medidas que considera imprescindibles para o sector que, no caso de non ser atendidas antes do 15 de xaneiro, desembocarán nunha convocatoria de Paro do sector.

O pleno do Departamento de Mercadorías do Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC), en reunión celebrada no día de onte 22 de novembro de 2017, aprobou propoñer ao Goberno a través do Ministerio de Fomento un listado de medidas que se entenden imprescindibles para o normal funcionamento dun sector estratéxico como é o transporte de mercadorías por estrada. A meirande parte destas medidas levan sendo perseguidas longo tempo sen que teñan sido obxecto da menor consideración.

No caso de que continúen sen ser atendidas estas demandas, na primeira quincena do mes de xaneiro concretaranse as datas e condicións nas que terá lugar un Paro sectorial.

A relación de medidas demandadas ao Goberno é a seguinte:

  1. Compromiso de non aplicación da directiva Euroviñeta na totalidade da rede viaria. Derrogación da totalidade das medidas adoptadas de desvío obrigatorio do transporte pesado cara vías de peaxe.
  2. Modificación da Lei de Contrato de Transporte, derrogando a posibilidade de pacto en contrario nas seguintes materias: prazos de pagamento; aplicación da cláusula de revisión do prezo do combustible e operacións de carga e descarga. Incluíndo a prohibición de que, no transporte de carga completa, a carga e a descarga a realice o condutor do vehículo. Coordinación das actividades de transporte. Por último, redución do tempo previsto para a paralización, e o seu pagamento efectivo por parte dos cargadores.
  3. Desenvolvemento de medidas eficaces na loita contra as empresas buzón e outros supostos de competencia desleal.
  4. Coordinación de plans de mobilidade.
  5. Harmonización fiscal no sector do transporte.
  6. Solución aos pescozos de botella en pasos fronteirizos.
  7. Negociación e racionalización na política de transición ecolóxica.
  8. Elaboración e desenvolvemento de plans de áreas de descanso en toda a rede viaria. Con certificación de área segura.
  9. Modificación da regulación da acción directa, estendendo o seu exercicio aos operadores de transporte.
  10. Inclusión no réxime de gasóleo profesional a todo o transporte profesional de mercadorías suxeito a autorización de transporte.
  11. Suspensión na aprobación do ROTT sen consenso do CNTC.
  12. Tras consulta efectuada á Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia regulador desta medida, en caso positivo, prohibir por lei a súa realización no sector do transporte, baixo condicións económicas abusivamente baixas, máis aló dos custos mínimos de transporte referenciados nos Observatorios publicados polo Ministerio de Fomento.
VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.