Apetamcor inaugura nova sede en Santiago o sábado 22

13 de Decembro de 2018

APETAMCOR muda a súa sede na capital de Galicia e o sábado 22 de decembro a partir das 11:00h. terá lugar a inauguración oficial das súa novas instalacións no Polígono do Tambre (sitas na rúa Vía Edison 1C).

Estas novas instalacións alcanzan os 300 m2 e inclúen por unha banda a zona de atención ao socio, dirección e administración e, pola outra, unha ampliación significativa da súa escola de formación de transporte e condutores, que permitirá dispoñer agora de tres aulas perfectamente equipadas. A todos os efectos, á volta do Nadal, a partir do 26 de decembro, estas novas instalacións xa estáran perfectamente operativas para a atención aos socios en horario como sempre de 9:00 a 19:00 horas.

Ademais, ese día 22 participará no referido acto de inauguración o Presidente de FENADISMER, Julio Villaescusa, quen a partir das 11:30h. participará nun coloquio aberto cos asistentes no que se analizará a situación actual do sector do transporte, que ten por título «Por que un ultimatum ao Goberno agora) Está o transporte nunha situación límite?».

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 4.0/5 (1 voto)
Apetamcor inaugura nova sede en Santiago o sábado 22 , 4.0 out of 5 based on 1 rating
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.