Prorrogado o límite de módulos en 125.000€ para 2019

28 de Decembro de 2018

Tal como anunciara publicamente a Ministra de Facenda Mª Jesús Montero hai varias semanas, finalmente o último Consello de Ministros do ano celebrado no día de hoxe aprobou o Real Decreto-Lei que prorroga para o período impositivo de 2019 os límites de facturación delimitados na tributación por módulos no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. É necesario recordar que a lexislación vixente ata agora contemplaba que este ano se reduciran os límites a partir dos cales un autónomo non podería tributar polo método de estimación obxectiva no ano seguinte, que no caso dos autónomos transportistas pasaba a ser só 75.000 euros.

Desde xeito, en 2019 poderán seguir no sistema de estimación obxectiva (módulos) todos aqueles autónomos transportistas que no ano 2018 que está a piques de rematar non superen a cifra de 125.000 euros de facturación a empresas ou profesionais.

Como se recordará, a regulación aprobada en 2016 reducía de xeito importante para o sector do transporte por estrada o límite máximo de facturación anual para poder continuar acollido ao réxime de módulos no ano seguinte, quedando establecido un límite de facturación anual de 125.000 euros, sempre que a súa facturación se realice en máis dun 50% a empresas ou profesionais. Así mesmo, dita regulación aprobada en 2016 prevía un réxime transitorio de dous años, establecendo que a partir de 2018 aqueles transportistas autónomos que facturaran máis de 75.000 euros ao longo deste ano 2017 non poderían continuar acollidos a dito réxime o vindeiro ano.

Sen embargo, xustamente hai un ano, o Goberno anterior aprobou unha prórroga dun ano desta norma, de xeito que permitiu seguir acollidos ao réxime de módulos en 2018 aos transportistas que en 2017 tiveran superado os 75.000 euros de facturación anual, ata o límite de 125.000 euros.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.