MÁIS DE CEN TRANSPORTISTAS NAS PRIMEIRAS ASEMBLEAS INFORMATIVAS SOBRE O ROTT

25 de Marzo de 2019

O pásado sábado 23 de marzo tiveron lugar  con gran afluencia nas sedes de Apetamcor Ourense e O Porriño, en xornadas de mañá e tarde respectivamente, as primeiras Asembleas Informativas de 2019 para comentar as novidades de interese para o sector do transporte.

Estiveron presentes o Presidente de Apetamcor, D. José Manuel Rodríguez, Alberto Vila, Coordinador Xeral , unha das xuristas de Apetamcor, Sonia Gil; e Camilo González, Coordinador de Apetamcor Pontevedra.

Máis de cen transportistas acudiron á cita para informarse e comentar varios temas que son de especial importancia para a súa actividade laboral. O primeiro deles, o máis controvertido e relevante; o ROTT e tódalas modificacións que trouxo consigo tras ser aprobado o pasado 20 de febreiro, así como as correspondentes consecuencias para os transportistas: aportación do título, figura do capacitado, requisito de honorabilidade, réxime de autorizacións e baremo sancionador como principais puntos a tratar.

Tamén se fixo balance das últimas negociacións coas administración das seguintes cuestións: operacións de carga e descarga e coordinación de actividades preventivas, prazos de pagamento e cláusula de revisión do prezo pola variación do carburante e peaxes.

 

O estado das reclamacións interpostas a través de Apetamcor no tocante ó céntimo sanitario e o cártel foron os puntos de peche do acto e tódalas cuestións foron debatidas nunha rolda aberta de preguntas e opinións, fomentando así a participación de tódolos asistentes e a resolución de tódalas dúbidas posibles.

Ben sabido é que a información é poder, e neste caso, case unha necesidade estar informado de tódolas novidades que cambian de maneira decisiva

o panorama do transporte.Neste exercicio de actualidade e servizo ós traballadores do transporte, Apetamcor convocou outras dúas asembleas informativas o vindeiro sábado 30 de marzo, desta vez nas sedes de Lugo ás 12h. e de Santiago de Compostela ás 17h.

Agardámoste!

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 5.0/5 (1 voto)
MÁIS DE CEN TRANSPORTISTAS NAS PRIMEIRAS ASEMBLEAS INFORMATIVAS SOBRE O ROTT, 5.0 out of 5 based on 1 rating
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.