UCOGATRA concéntrase ante Choucelas O.T. SL na Coruña

18 de Xuño de 2011

Representantes da Unión de Cooperativas Galegas de Transporte UCOGATRA, organización que agrupa na actualidade a 18 cooperativas de transportistas de Galicia que integran á súa vez máis de 600 transportistas (na súa maior parte autónomos) e suman unha flota de camións superior a 1.000 unidades de transporte, concentráronse onte venres 17 de xuño ás 11:00 horas da mañá ante a sede do operador de transportes coruñés Choucelas Operadora de Transportes SL , sita no Polígono de Pocomaco da Cidade Herculina, co obxecto esixir publicamente desta empresa o pagamento inmediato das facturas que ten pendentes con 7 cooperativas integradas nesta Unión de Cooperativas, por servizos de transporte realizados entre agosto de 2010 e febreiro de 2011.

Como así se reflexa no comunicado de prensa feito público por UCOGATRA, a pesar das reiteradas reclamacións a esta empresa feitas de forma individual polas cooperativas afectadas, a día de hoxe o importe das facturas que esta empresa ten pendentes de pagamento con 7 cooperativas integradas en UCOGATRA ascende máis de 41.000 €.

Así mesmo, no citado comunicado entregado aos medios, remátase cun claro aviso a navegantes manifestando literalmente que «se non desaparen estes lamentables episodios onde empresas que contratan transporte logo non pagan ou non o fan nos prazos que establece a Lei, desde esta Unión de Cooperativas non quedaremos de brazos cruzados e, na defensa dos lexítimos intereses das nosas cooperativas, repetiremos actos como o de hoxe ante outras empresas«.

A continuación, pódese ollar o vídeo coa información recollida o mesmo día no programa «Noticias Galicia Serán» da Galega:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



 


Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*