Loxisga organiza Misión Tecnolóxica ao Porto de Rotterdam

18 de Outubro de 2011

A Plataforma Tecnolóxica Galega da Loxística, LOXISGA, organiza o vindeiro mes de novembro unha Misión Tecnolóxica Internacional (MIT) ao Porto de Rotterdam, coa finalidade de que os participantes na mesma poidan coñecer de primeira man os avances tecnolóxicos implantados nas principais empresas/terminais deste recinto portuario e o obxectivo de promover novos proxectos de I+D+i e desenvolver novas liñas de colaboración con entidades do país visitado.

A misión terá lugar do 21 ao 24 de novembro de 2011 e as visitas a realizar son:

  • Visita xeral ao porto de Rotterdam
  • Visita a Scheepvaart en Transport College
  • Visita a APM Terminal
  • Visita a EMO Terminal
  • Presentación GOTWALD

O número máximo de asistentes será de 14 persoas e a data límite de recepción de solicitudes de inscrición é o 24 de outubro, para o cual se terá en conta a orde de recepción das inscricións así como o envío da documentación completa que se solicita. A misión inclue os custos de viaxe/aloxamento que se indican na documentación anexa (descargar aquí información ampliada desta MIT).

Para máis información, contactar con Inxenia DT, consultora de apoio de Loxisga, no tlf. 986 220 999 (persoa de contacto: Pablo Lafuente).

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.