Aberta a inscrición á 2ª convocatoria de xestor de transporte

4 de Agosto de 2017
exame2

Desde o luns 31 de Xullo ata o venres 18 de Agosto está aberto o prazo para a tramitación das instancias administrativas que dan dereito a participar na 2ª convocatoria de 2017 das probas convocadas pola Xunta de Galicia para a constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario

Novos importes por paralización e danos no transporte

1 de Agosto de 2017
camion paralizado_r

Despois de ter estado conxelado durante 6 anos, na Lei 3/2017 de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 actualízase a contía do índice IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), fixándose así o IPREM/día en 17,93 euros desde o 28 de Xuño, data en que entraron en vigor ditos Orzamentos. Este índice, tal...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario

O Congreso favorable ao control das empresas deslocalizadas

23 de Xuño de 2017
congreso_deputados

O Real Decreto-Lei sobre desprazamento de traballadores aprobado en Maio polo Goberno non permitía controlar axeitadamente ás empresas deslocalizadas. A meirande parte dos Grupos Parlamentares comparten o posicionamento defendido por Fenadismer de esixir ás empresas estranxeiras que operen en España que notifiquen os seus desprazamentos desde a primeira viaxe. A finales do pasado mes...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario

Alemaña tamén prohíbe o descanso semanal en cabina

26 de Maio de 2017
alemania

Esta regulación, aplicable a condutores asalariados e autónomos, súmase ás prohibicións xa aprobadas en Franza e Bélxica. Como se recordará, tanto Franza como posteriormente Bélxica estableceron a finais do ano 2014 unha nova regulación consistente na prohibición de que os condutores profesionais que circulen por ditos Estados da Unión Europea poidan realizar o descanso...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 1.0/5 (1 voto)
Deixa un comentario

Portugal pecha as fronteiras catro días pola visita do Papa

8 de Maio de 2017
portugal

O Goberno de Portugal manterá abertos os pasos entre Tui e Valença e entre Verín e Chaves previo control documental. Portugal pecha as súas fronteiras pola visita do Papa Francisco a Fátima. Os accesos quedarán restrinxidos a partir deste mércores 10 ás 0:00 horas (noite do martes ao mércores) e ata as 0:00 horas...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario

Convócanse as probas 2017 para Conselleiros de Seguridade

7 de Maio de 2017
adr2017r

O DOG do pasado 28 de abril publicou a Resolución 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se procede á convocatoria das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril. O prazo de presentación...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario

Actívase a Plataforma Galega contra o Cártel dos Fabricantes

2 de Maio de 2017
plataforma cartel 02-05-17r

A Federación Galega de Transportistas FEGATRANS-APETAMCOR vén de poñer en marcha a «Plataforma Galega de Afectados polo Cártel dos Fabricantes de Camións», coa finalidade de facilitar a interposición de xeito colectivo de reclamacións de indemnizacións por parte dos transportistas galegos afectados, cuns mínimos custos de soporte xurídico, de peritaxe e xestión. Así mesmo, vén de...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario

Alemaña tamén prohíbe o descanso semanal en cabina

11 de Abril de 2017
alemania

Alemaña acaba de aprobar unha reforma legal sobre a súa normativa de tempos de condución e descanso, pola que establece a prohibición de realizar a bordo do camión o descanso semanal ordinario (isto é, o descanso semanal superior a 45 horas que é obrigatorio realizar cada dúas semanas). Esta norma entrará en vigor o próximo...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario

Eliminadas as restricións ao transporte frigorífico de froitas e verduras

10 de Abril de 2017
transporte froitas_r

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) publicou o pasado venres 7 de abril no BOE unha resolución que modifica parcialmente as restricións á circulación de vehículos pesados establecidas pola Administración a principios de ano. Ata a data, a norma incluía entre os tráficos que estaban exentos das restricións ao transporte de mercadorías perecedoiras a...

Ler máis »

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Deixa un comentario